RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES PARA O TRABALLO NA CASA
- Mantén unha rutina de traballo diaria. Facer un horario resulta útil para
saber que o que farás cada día da semana. Diferencia entre a semana e fin de
semana.
- Comeza, sempre que sexa posible, todos os días á mesma hora a realizar as tarefas escolares.
Preferiblemente, pola mañá (horario no que estás no colexio).
- O lugar onde traballes debe estar o máis tranquilo posible, ben iluminado e libre de distraccións.
- Traballa en períodos de aproximadamente 30 minutos. E fai descansos entre cada un dos períodos de
uns 10-15 minutos de duración.
- Si os medios que tes ao teu alcance o permiten, combina o traballo escrito con actividades interactivas.
- Antes de comezar as tarefas escritas asegúrate de que tes todo o material a man e que te atopas tranquilo/a, concencentrada/o e descansado/a. O noso cerebro necesita isto para poder
aprender!
- Le atentamente a tarefa que se che propón e intenta resolvela como fas habitualmente na clase. Si tes algunha dúbida e che poden axudar, pide axuda, si non é así, non te preocupes, pasa á tarefa seguinte, seguro que esta che vai saír!
- Lembra que unha boa presentación é fundamental: respectar ás marxes, fai boa letra e escribe cos bolígrafos e co lapis como o fas habitualmente na clase.
- Ao rematar as tarefas, revísaas para comprobar que fixestes todo o que se che pide antes de pasar a facer outra cousa.