Alumnado de 3º e familias,
Este blog nace da necesidade de ter unha ferramenta de traballo útil que recolla diferentes PROPOSTAS DE ACTIVIDADES para a clase (totalmente voluntarias e non avaliables) debido á prorrogación da suspensión de actividades lectivas como medida preventiva ante o COVID-19.
Agardamos sexa de utilidade e sirva para que todos os nenos/as de terceiro dediquedes un tempo diario a realizar tarefas escolares.
Unha aperta forte a cada un de vós e ánimo!