viernes, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Queridos nenos, nenas e familias,

Despois do traballo feito durante todo o trimestre, chegan as vacacións de Semana Santa. Tempo para un ben merecido descanso e para, agora máis que nunca, xa que temos que quedar na casa,  pasar momentos de calidade en familia. Aproveitádeo!


Por este motivo, non se enviarán máis propostas de traballo para as vacacións, a excepción da lectura dun libro que vos guste.

Agora ben, o blog quedará aberto con todas as propostas de traballo, para que si querdes, o poidades utilizar por exemplo, para facer algún pasatempo, algún reto ou para consultar as propostas lúdicas para facer en familia. 

Aproveito a ocasión, para mandarvos unha forte aperta virtual e moito ánimo durante estes días que temos que seguir na casa. Agardo vervos pronto! 

A titora.

 Foto: mural feito polas nenas/os de 3º

jueves, 2 de abril de 2020

miércoles, 1 de abril de 2020

ENQUISA PARA AS FAMILIAS 3º DE PRIMARIA SOBRE MEDIOS TECNOLÓXICOS

Familias do alumnado de 3º, 

Déixovos aquí o enlace á  breve enquisa enviada polo ABALARMOBIL  que todas as familias de terceiro debedes cubrir antes do día 5/04/20.

De novo, moitas gracias pola vosa colaboración e desculpade as molestias ocasionadas.

Enlace á enquisa: ENQUISA

Observacións: debe ser cuberta por un adulto e só se cubrirá 1 por neno/a.

martes, 31 de marzo de 2020

VALORES

Atréveste a seguir esta receita especial?

                                                                  Fuente: "Cosquillas para el corazón"

DIA MUNDIAL DO AUTISMO


Máis información na páxina do centro: DIA MUNDIAL DO AUTISMO

lunes, 30 de marzo de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN

Na páxina web do centro tedes información referida á avaliación do 2º trimestre.

Déixovos o enlace á noticia publicada pola dirección do centro.


A titora


domingo, 29 de marzo de 2020

PROPOSTAS PARA PLÁSTICA

Anímaste a facer...

...Un xogo caseiro con material reciclado? 

Pica no enlace para acceder: Quebracabezas


....unhas libretas feitas por ti?

Pica no enlace para acceder: Libretas


... Un collage con xornais ou revistas?


Resultado de imagen de collage con periodicos

Resultado de imagen de collage con periodicos

Se queres, podes enviar algunha foto das túas creacións ao correo sricardotobio@gmail.com para que poida velas.

PROPUESTA SEMANAL PARA LENGUA CASTELLANA

La propuesta de trabajo de lengua castellana para esta semana del 30 de marzo es la siguiente:

1-Lectura del texto teatral de la página 78. Leer los cuadros amarillos de la página 79 y resolver a continuación los los ejercicios 1,2,6 y 7  relacionados con el texto teatral que acabas de leer.

2- Repasamos ortografía: "R": Debes leer la página 80, ver el siguiente vídeo explicativo El sonido "R"  (opcional) y hacer los ejercicios 2,3 y 4. 


Resultado de imagen de valoracion libro niños3- Si acabas las tareas, puedes leer un libro que te guste y escribir un pequeño resumen del argumento (de que trataba el cuento) y un comentario sobre el en tu cuaderno animando a tus compañeros/as a leerlo, acompañándolo de un dibujo representativo. Finalmente, si puedes y quieres, sácale una foto a tu comentario y envíalo al correo electrónico sricardotobio@gmail.com para que pueda verlo.



Resultado de imagen de libro dibujo

PROPOSTA SEMANAL PARA LINGUA GALEGA

As actividades de lingua galega para esta semana son:

1- Ler a noticia da páxina 122 e responder aos exercicios 1 e 2 no caderno.

2- Ler o poema da páxina 125 e responder aos exercicios 5, 6 e 7.

Resultado de imagen de dibujo noticia3- Por último convérterte nun/nunha xornalista e escribe unha noticia no caderno na que fales sobre a importancia de quedar estos días nas nosas casas. Podes acompañala de un debuxo. 
Si podes e queres, sácalle unha foto en envíaa ao correo electrónico sricardotobio@gmail.com para que poida lela.

PROPOSTA DE TRABALLO CIENCIAS SOCIAIS

Continuamos avanzado na aprendizaxe. Esta vez, co tema "As pegadas do pasado" relacionado co paso do tempo a a súa medida.

Propóñoche que fagas as seguintes tarefas:
  • Le as páxinas 202 e 203 do teu libro de texto e despois intenta respostar no teu caderno de ciencias sociais ás preguntas 1,2 e 3 da páxina 203.
  •  Elabora a TUA PROPIA LIÑA DA VIDA.  Como?:
    • Nunha cartolina grande debuxa unha liña temporal que recolla os diferentes anos dende o teu nacemento ata a actualidade (non teñen por que aparecer todos os anos, basta con que sexan algúns máis relevantes).
    • Escribe a información que che pareza significativa ou queiras destacar da túa vida (irá escrito en bolígrafo).
    • Se queres, podes acompañala de fotografías (poden ser fotocopias de orixinais) e/ou debuxos para facela máis vistosa ou decorala como máis ches guste.



Seguro que che vai quedar xenial!

PROPUESTA DE TRABAJO DE MATEMÁTICAS

Las actividades para el área de matemáticas para esta semana del 30 de marzo son:

Resultado de imagen de dibujo relojContinuamos trabajando con el tiempo y las horas.
  • Página: 125 ejercicios: 2,3 y 4.
  • Página: 127 ejercicios: 12, 13 y 14.
  • ¿Te animas a resolver cada día de la semana un problema? aquí tienes una página con problemas autocorrectivos: PROBLEMAS

Resultado de imagen de dibujo niño pensando

PROPOSTA SEMANAL DE CIENCIAS DA NATUREZA

Para continuar traballando Ciencias da Natureza esta semana (do 30 de marzo) propóñoche facer varias cousiñas:

1- Un experimento na casa. Pica no enlace  e verás como tes que facelo EXPERIMENTO PLANTAMOS UNHA LENTELLA . Non esquezas anotar cada día o que vai pasando (podes descargar e imprimir a folla ou escribilo no caderno de naturais).

2- Mira o vídeo sobre o crecemento deste carballo a cámara rápida: O NACEMENTO DUN CARBALLO. A que está xenial? 

3- Le as páxinas 66 e 67  do teu libro de texto, despois mira o vídeo sobre as plantas AS PLANTAS  

4- Agora intenta  respostar aos exercicios  1,2 e 3 da páxina 67 do teu libro de texto.

5- Si tes tempo e che apetece, podes facer un esquema sobre as partes da planta.