viernes, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Queridos nenos, nenas e familias,

Despois do traballo feito durante todo o trimestre, chegan as vacacións de Semana Santa. Tempo para un ben merecido descanso e para, agora máis que nunca, xa que temos que quedar na casa,  pasar momentos de calidade en familia. Aproveitádeo!


Por este motivo, non se enviarán máis propostas de traballo para as vacacións, a excepción da lectura dun libro que vos guste.

Agora ben, o blog quedará aberto con todas as propostas de traballo, para que si querdes, o poidades utilizar por exemplo, para facer algún pasatempo, algún reto ou para consultar as propostas lúdicas para facer en familia. 

Aproveito a ocasión, para mandarvos unha forte aperta virtual e moito ánimo durante estes días que temos que seguir na casa. Agardo vervos pronto! 

A titora.

 Foto: mural feito polas nenas/os de 3º