Para continuar traballando Ciencias da Natureza esta semana (do 30 de marzo) propóñoche facer varias cousiñas:
1- Un experimento na casa. Pica no enlace e verás como tes que facelo EXPERIMENTO PLANTAMOS UNHA LENTELLA . Non esquezas anotar cada día o que vai pasando (podes descargar e imprimir a folla ou escribilo no caderno de naturais).
2- Mira o vídeo sobre o crecemento deste carballo a cámara rápida: O NACEMENTO DUN CARBALLO. A que está xenial?
3- Le as páxinas 66 e 67 do teu libro de texto, despois mira o vídeo sobre as plantas AS PLANTAS
4- Agora intenta respostar aos exercicios 1,2 e 3 da páxina 67 do teu libro de texto.
5- Si tes tempo e che apetece, podes facer un esquema sobre as partes da planta.