domingo, 29 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO CIENCIAS SOCIAIS

Continuamos avanzado na aprendizaxe. Esta vez, co tema "As pegadas do pasado" relacionado co paso do tempo a a súa medida.

Propóñoche que fagas as seguintes tarefas:
  • Le as páxinas 202 e 203 do teu libro de texto e despois intenta respostar no teu caderno de ciencias sociais ás preguntas 1,2 e 3 da páxina 203.
  •  Elabora a TUA PROPIA LIÑA DA VIDA.  Como?:
    • Nunha cartolina grande debuxa unha liña temporal que recolla os diferentes anos dende o teu nacemento ata a actualidade (non teñen por que aparecer todos os anos, basta con que sexan algúns máis relevantes).
    • Escribe a información que che pareza significativa ou queiras destacar da túa vida (irá escrito en bolígrafo).
    • Se queres, podes acompañala de fotografías (poden ser fotocopias de orixinais) e/ou debuxos para facela máis vistosa ou decorala como máis ches guste.



Seguro que che vai quedar xenial!