viernes, 15 de mayo de 2020

O domingo celebramos o Día das Letras Galegas dedicado a Carballo Calero


Aínda estás a tempo para participar na actividade da biblioteca 
"AMOR POLAS PALABRAS".

Eu participo. E ti?

Só tes que enviar unha foto ao correo bibliomestreagrelo@gmail.com antes do luns 18 de maio. 
Entra na páxina da biblioteca para máis información.
Animáte!

RECORDATORIO DA INFORMACIÓN SOBRE O 3º TRIMESTRE


-Durante este 3º trimestre, o alumnado realizará actividades de repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias. 

-A avaliación final terá en conta as aprendizaxes desenvolvidas nos 2 primeiros trimestres, así como, as actividades que se leven a cabo durante este 3º trimestre (dende as casas,de forma non presencial) tendo en conta as directrices sinaladas no documento da Consellería de Educación.

Tendo en conta dita información, como titora de 3º, sinalar que:

-É totalmente recomendable que o alumnado dedique un tempo diario (de luns a venres) a facer as tarefas escolares que se propoñen, isto permitirá afianzar os contidos traballados e sentar as bases para comezar  de primaria. 

-Estas actividades propostas para as áreas (linguas, matemáticas, ciencias, plástica e valores)a partir de mañá, deberán enviarseá titora coa finalidade de facer un seguemento do traballo feito por cada neno/a, poder comprobar o seu progreso/evolución, dificultades,....

- Así mesmo, considérase fundamental, unha comunicación periódica coa docente, a través do correo electrónico facilitado, para manter unha comunicación familia-escola.


  A proposta de actividades no blog para as áreas: ciencias, linguas e matemáticas, continuará a ser semanal.  
  • Dentro da proposta para cada área, haberá 2 tipos de traballo:
  • TRABALLO PRINCIPAL: actividade/s imprescindible/s que todos/as os nenos/as deberían facer e remitir ao correo: sricardotobio@gmail.com, ao longo da semana, a máis tardar, o domingo desa mesma semana.
  • TRABALLO COMPLEMENTARIO: outras actividades de repaso/reforzo/ampliación que o alumnado pode facer de xeito voluntario e que serán valoradas positivamente. De realizarse, deberían enviarse tamén xunto co traballo principal,  dentro da semana que foron propostas.
  • As tarefas que se proporán para as áreas de valores e plástica serán quincenais. Nesta proposta, especificaranse que é o que terían que enviar os nenos/as.
  • En ocasións, poderán propoñerse outras actividades de ampliación, que non se deben remitir por correo electrónico.
  • En calquera caso cada neno/a, enviará cada semana 1 único e-mail con todos os traballos semanais feitos de todas as asignaturas (ciencias, mates e linguas) e no asunto do e-mail deberanse escribir os seguintes datos: NOME DO ALUMNO/A+DATA DE ENVÍO.
            Por exemplo: Asunto: Silvia+8/05/20   
     Observacións: Na áreas de valores e plástica, como o traballo será quincenal, poderanse mandar os traballos  destas asignaturas nun e-mail independiente.
      • Todas as tarefas que se pidan deberán facerse,sempre que sexa posible, no caderno de cada asignatura ou, no caso que sexan fichas, na propia ficha.  A non ser que se indique o contrario, de xeito específico, nas instruccións semanais.
      • Se algunha familia tivese problemas, nalgún momento, para enviar as actividades feitas polos nenos/as deberán dirixirse a min a través do correo habilitado para tal fin: sricardotobio@gmail.com co fin de solventar o máis pronto posible estas dificultades. De non ser posible comunicarse por esa vía, en última instancia, poden informar deste problema puntual, no teléfono móbil do colexio: 622769810.
      • Para calquera dúbida, aclaración, etc. sobre esta información as familias podedes poñervos en contacto comigo no correo electrónico de contacto: sricardotobio@gmail.com
      *Importante: as actividades que se envíen, deben estar feitas íntegramente polos nenos/as (letra, debuxos,...).

      Moitas gracias pola vosa colaboración.
                                                                                                                                                                                             A titora.


      RECORDATORIO

      Como escribimos nos cadernos e nas fichas?

      Nenos e nenas, sei que levamos moito tempo sin vernos e que por ese motivo, algúns de vós puidestes esquecer como escribimos nos cadernos e fichas. Por iso vos deixo aquí un recordatorio para que lle botedes unha ollada:



      LEMBRADE FACER AS TAREFAS TENDO EN CONTA ESTAS PAUTAS DE TRABALLO!

      Un bico

      martes, 12 de mayo de 2020

      ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DE 3º

      Infórmase que:

      Tal como se comunicou por AbalarMobil no día de hoxe, as adaptacións das programacións didácticas referidas a este 3º trimestre están colgadas na páxina web do centro para a súa consulta.

      Un saúdo.

      NOVA PROPOSTA DA BIBLIOTECA- LETRAS GALEGAS

      Pica no enlace para acceder:

      AMOR POLAS PALABRAS. UNHA PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

      El hilo viral de una gallega que no entiende cómo se puede vivir ...

      ACTIVIDADES DE PLÁSTICA E VALORES:RECORDATORIO

      Bos días nenos e nenas!

      Lembrarvos que tanto as actividades de plástica coma as de valores, son de entrega quincenal, polo que esta semana, o domingo, remataría o prazo de entrega de ambas actividades.

      Un saudiño!

      domingo, 10 de mayo de 2020

      ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA

      Lembrarvos que o mestre da área de educación física está a propoñer actividades que debedes facer semanalmente. Están a vosa disposición no BLOG da área.

                                                     ⇈
      Non vos esquezades de facelas!

      TRABALLO PARA LINGUA GALEGA- SEMANA 11/05/20

      Ola nenos e nenas!

      Esta semana na área de lingua galega imos recordar un conto que nos representaron no salón de actos os maiores do colexio : A mellor sopa do mundo

      Unha vez, que vistes o vídeo, en relación a el,  propóñovos unha serie de actividades:

      TRABALLO PRINCIPAL:

      1) No teu caderno fai un pequeno resumo do conto que acabas de escoitar.

      2) Agora vas a ser un gran cociñeiro/a!  para iso debes crear unha receita de cociña un pouco especial: deixa voar a túa imaxinación e inventa unha receita para "destruír o coronavirus". 
      Pensa:
      • Que ingredientes pode levar?
      • Cales son os pasos para cociñala?
      Logo escríbea no teu caderno.

      TRABALLO COMPLEMENTARIO:

      Agora imos practicar gramática. Par iso, recordaremos o  que é un artigo.  

      (Explicación nas páxinas 102 e 103 do libro de texto)

      Un artigo é unha palabra que vai diante do nome ou substantivo e indica o seu xénero  (masculino ou feminino) e número (singular ou plural).

      Podemos distinguir 2 clases de artigos:
      • Artigos determinados: cando xa coñecemos ao ser ou obxecto do que falamos.
      • Artigos indeterminados: cando aínda non coñecemos ao ser ou obxecto do que se fala.

      No primeiro exemplo coñecemos o libro do que falamos. No segundo exemplo, non coñecemos o libro do que estamos a falar.

      Actividade para facer no caderno de lingua galega: escoita de novo o comezo do conto e atopa os seguintes artigos:
      Por exemplo: Artigo determinado, feminino, singular+ substantivo ou nome : A+tartaruga.

      -Un artigo indeterminado feminino, singular +substantivo ou nome ao que acompaña.
      -Un artigo determinado feminino, singular+ substantivo ou nome ao que acompaña.
      -Un artigo determinado feminino, plural+ substantivo ou nome ao que acompañan.

      Agora escríbeos no teu caderno.

      TRABALLO DE AMPLIACIÓN:

      Practica os artigos con esta actividade interactiva: OS ARTIGOS

      Data límite de entrega: 17/05/20

      TRABAJO LENGUA CASTELLANA- SEMANA 11/05/20

      Esta semana, en lengua castellana haremos las siguientes actividades:

      TRABAJO PRINCIPAL

      • Página 16 del siguiente cuadernillo (el sonido"g suave") CUADERNILLO


      TRABAJO COMPLEMENTARIO
      • Lee lectura de tu libro de texto:  El oro de las montañas (páginas 88 y 89)
      • Ahora: responde a las preguntas 1,2 y test de lectura de la página 90 de tu libro en el cuaderno de lengua castellana.
      Fecha límite de entrega: 17/05/20

      TRABAJO SEMANAL PARA MATEMÁTICAS- SEMANA 11/05/20

      Esta semana, continuaremos repasando los contenidos trabajados en el primer trimestre. Más concretamente, las operaciones de suma y resta. 
      También recordaremos las figuras geométricas  planas (dadas en 2º de primaria).

      TRABAJO PRINCIPAL:

      Hacer la página 1 del cuadernillo de: Sumas y restas

      *Importante: este cuadernillo se continuará usando a lo largo del confinamiento, por lo que ,únicamente, se deben hacer las fichas que se mandan. Es decir, no debe ser usado en casa como material de ampliación del trabajo propuesto. Gracias.

      TRABAJO COMPLEMENTARIO:

      - Ver los siguientes vídeos sobre las figuras geométricas planas:

      - Actividades:
      Fichas de geometría básica:
      páginas 1 y 2.
      Figuras planas para colorear (debes leerla, colorearla y pegarla en tu cuaderno. No tienes que enviarla por correo para que la vea)

      TRABAJO DE AMPLIACIÓN:
      Juego: aprendiendo geometría:
      actividad consiste en reproducir figuras geométricas con bolitas hechas de plastilina y palillos de madera. Os dejo aquí el enlace para descargar/ver las tarjetas (utilizad solo las figuras que hemos trabajado esta semana: cuadrado, rectángulo, rombo, pentágono, triángulo, trapecio,hexágono...): Tarjetas

      Fecha límite de entrega: 17/05/20

      TRABALLO DE C. SOCIAIS- SEMANA 11/05/20

      Esta semana repasaremos o aprendido na unidade 1 neste curso "A Terra".

      Para iso, faremos as seguintes actividades:

      TRABALLO PRINCIPAL:
      *Importante: este caderno usarase ao longo do confinamiento, polo que ,unicamente, deben facer as fichas que se mandan. É dicir, no se debe empregar na casa como material de ampliación do traballo proposto. Grazas.
      TRABALLO COMPLEMENTARIO:
      •  Fichas 8 do caderniño anterior.
      TRABALLO DE AMPLIACIÓN:
      • Actividade interactiva: EL PLANETA EN EL QUE VIVIMOS (unha vez dentro, debedes ir ao tema "El planeta en el que vivimos" para poder facer ass actividades interactivas correspondentes a este tema).
      *Ollo: esta actividade interactiva, probablemente só funcionará cando se abre co ordenador.

      Data límite de entrega: 17/05/20

      TRABALLO DE C. DA NATUREZA-SEMANA 11/05/20

      Esta semana remataremos co repaso do tema 1: As persoas e a saúde.

      TRABALLO PRINCIPAL:

      Para facelo, en primeiro lugar, debedes volver ler as páxinas 12, 13, 14 e 15 do libro de texto.

      Tamén podedes ver os seguintes vídeos relacionados co tema:

      Unha vez que rematastes de ler o tema, respondede ó seguinte: CUESTIONARIO



      TRABALLO COMPLEMENTARIO:

      • Completa a seguinte FICHA sobre as etapas da vida. Sinalando a etapa á que pertence cada debuxo e as características máis importantes de cada unha delas.

      Data límite de entrega dos traballos: 17/05/20