viernes, 15 de mayo de 2020

RECORDATORIO DA INFORMACIÓN SOBRE O 3º TRIMESTRE


-Durante este 3º trimestre, o alumnado realizará actividades de repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias. 

-A avaliación final terá en conta as aprendizaxes desenvolvidas nos 2 primeiros trimestres, así como, as actividades que se leven a cabo durante este 3º trimestre (dende as casas,de forma non presencial) tendo en conta as directrices sinaladas no documento da Consellería de Educación.

Tendo en conta dita información, como titora de 3º, sinalar que:

-É totalmente recomendable que o alumnado dedique un tempo diario (de luns a venres) a facer as tarefas escolares que se propoñen, isto permitirá afianzar os contidos traballados e sentar as bases para comezar  de primaria. 

-Estas actividades propostas para as áreas (linguas, matemáticas, ciencias, plástica e valores)a partir de mañá, deberán enviarseá titora coa finalidade de facer un seguemento do traballo feito por cada neno/a, poder comprobar o seu progreso/evolución, dificultades,....

- Así mesmo, considérase fundamental, unha comunicación periódica coa docente, a través do correo electrónico facilitado, para manter unha comunicación familia-escola.


  A proposta de actividades no blog para as áreas: ciencias, linguas e matemáticas, continuará a ser semanal.  
  • Dentro da proposta para cada área, haberá 2 tipos de traballo:
  • TRABALLO PRINCIPAL: actividade/s imprescindible/s que todos/as os nenos/as deberían facer e remitir ao correo: sricardotobio@gmail.com, ao longo da semana, a máis tardar, o domingo desa mesma semana.
  • TRABALLO COMPLEMENTARIO: outras actividades de repaso/reforzo/ampliación que o alumnado pode facer de xeito voluntario e que serán valoradas positivamente. De realizarse, deberían enviarse tamén xunto co traballo principal,  dentro da semana que foron propostas.
  • As tarefas que se proporán para as áreas de valores e plástica serán quincenais. Nesta proposta, especificaranse que é o que terían que enviar os nenos/as.
  • En ocasións, poderán propoñerse outras actividades de ampliación, que non se deben remitir por correo electrónico.
  • En calquera caso cada neno/a, enviará cada semana 1 único e-mail con todos os traballos semanais feitos de todas as asignaturas (ciencias, mates e linguas) e no asunto do e-mail deberanse escribir os seguintes datos: NOME DO ALUMNO/A+DATA DE ENVÍO.
            Por exemplo: Asunto: Silvia+8/05/20   
     Observacións: Na áreas de valores e plástica, como o traballo será quincenal, poderanse mandar os traballos  destas asignaturas nun e-mail independiente.
      • Todas as tarefas que se pidan deberán facerse,sempre que sexa posible, no caderno de cada asignatura ou, no caso que sexan fichas, na propia ficha.  A non ser que se indique o contrario, de xeito específico, nas instruccións semanais.
      • Se algunha familia tivese problemas, nalgún momento, para enviar as actividades feitas polos nenos/as deberán dirixirse a min a través do correo habilitado para tal fin: sricardotobio@gmail.com co fin de solventar o máis pronto posible estas dificultades. De non ser posible comunicarse por esa vía, en última instancia, poden informar deste problema puntual, no teléfono móbil do colexio: 622769810.
      • Para calquera dúbida, aclaración, etc. sobre esta información as familias podedes poñervos en contacto comigo no correo electrónico de contacto: sricardotobio@gmail.com
      *Importante: as actividades que se envíen, deben estar feitas íntegramente polos nenos/as (letra, debuxos,...).

      Moitas gracias pola vosa colaboración.
                                                                                                                                                                                             A titora.