Ola nenos e nenas!
Esta semana na área de lingua galega imos recordar un conto que nos representaron no salón de actos os maiores do colexio : A mellor sopa do mundo
Unha vez, que vistes o vídeo, en relación a el, propóñovos unha serie de actividades:
TRABALLO PRINCIPAL:
1) No teu caderno fai un pequeno resumo do conto que acabas de escoitar.
2) Agora vas a ser un gran cociñeiro/a! para iso debes crear unha receita de cociña un pouco especial: deixa voar a túa imaxinación e inventa unha receita para "destruír o coronavirus".
Pensa:
- Que ingredientes pode levar?
- Cales son os pasos para cociñala?
Logo escríbea no teu caderno.
TRABALLO COMPLEMENTARIO:
Agora imos practicar gramática. Par iso, recordaremos o que é un artigo.
(Explicación nas páxinas 102 e 103 do libro de texto)
Un artigo é unha palabra que vai diante do nome ou substantivo e indica o seu xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural).
Podemos distinguir 2 clases de artigos:
- Artigos determinados: cando xa coñecemos ao ser ou obxecto do que falamos.
- Artigos indeterminados: cando aínda non coñecemos ao ser ou obxecto do que se fala.
No primeiro exemplo coñecemos o libro do que falamos. No segundo exemplo, non coñecemos o libro do que estamos a falar.
Actividade para facer no caderno de lingua galega: escoita de novo o comezo do conto e atopa os seguintes artigos:
Por exemplo: Artigo determinado, feminino, singular+ substantivo ou nome : A+tartaruga.
-Un artigo indeterminado feminino, singular +substantivo ou nome ao que acompaña.
-Un artigo determinado feminino, singular+ substantivo ou nome ao que acompaña.
-Un artigo determinado feminino, plural+ substantivo ou nome ao que acompañan.
Agora escríbeos no teu caderno.
TRABALLO DE AMPLIACIÓN:
Practica os artigos con esta actividade interactiva: OS ARTIGOS
Data límite de entrega: 17/05/20