sábado, 25 de abril de 2020

INFORMACIÓN SAÍDAS NENOS/AS

Pincha nesta fotografía para acceder á guía de boas prácticas sobre as saídas:

E recorda ao volver lavar ben as mans con auga e xabón!!!
Pica na seguinte imaxe para ver un vídeo de como lavar as mans correctamente:




viernes, 24 de abril de 2020

CREA A TÚA PROPIA CÁPSULA DO TEMPO...

Si che gustou a actividade "diario dunha cuarentena", seguro que esta che vai a encantar.
Profe Miricleta: CÁPSULA DEL TIEMPO

Propóñoche que fagas a túa propia cápsula do tempo: un documento no que recollerás diferentes cousas do teu presente, feitas agora durante o confinamento e que logo deberás gardar nunha caixa.  Esa caixa, quedará pechada durante un tempo (uns anos) para logo volver abrila e lembrar como eras neste momento, que sentías,... 
Por suposto, podes engadir cousas do "diario dunha cuarentena" e escoller dentro do documento o que máis che interese facer: MI CÁPSULA DEL TIEMPO (en castelán) ou A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO (en galego, elaborada pola nosa orientadora Elena), ademáis, no caso de non ter impresora, podes botarlle imaxinación e deseñar ti ao teu gusto as follas que irán dentro da túa cápsula do tempo.

Anímaste a facela?

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

frases libros para niños - Buscar con Google | Carteles de lectura ...
Prezados nenos e nenas,

Hoxe celébrase o día do libro, unha data que nos recorda a importancia da lectura para o noso cerebro.

Na web da biblioteca do colexio, tedes unha montaxe coas fotografías que fostes mandando lendo un libro. Non deixedes de pasar pola súa páxina!: Biblioteca Mestre Agrelo

Tamén, por si vos animades, vos deixo aquí dous enlaces a uns tutoriais para elaborar os vosos propios marcapáxinas. Seguro que vos gustará facelos e vos quedarán xenial!



E lembrade que: un neno/a que le será un adulto/a que pensa!

martes, 21 de abril de 2020

INFORMACIÓN DE INTERESE

Estimados nenos/as e familias,

Continuamos á espera de instruccións definitivas da Consellería de Educación, que concreten as provisionais recibidas o venres. Agardamos que a finais de semana, xa saibamos algo máis ao respecto para poder adaptarnos á nova realidade deste terceiro trimestre. 

Mentres tanto, como explicaba o luns, as nenas/os poden continuar facendo actividades como: rematar tarefas das diferentes asignaturas que quedaron atrás, xogar a algunha actividade interactiva ou responder a algún problema matemático interactivo, crear o xogo que propoñen dende a área educación física ou elaborar ou xogar a algún dos que se propuxeron as semanas anteriores, facer a fotografía para conmemorar o día do libro e enviala ao correo da biblioteca,... 

Tamén, vos suxiro outra tarefa interesante chamada "Diario de una Cuarentena" (poden facer todas as actividades presentes no documento ou só as que máis lles gusten), na que practicarán plástica e lingua castelá (expresión escrita) de xeito diferente.
Deixo aquí o enlace ao documento: DIARIO DE UNA CUARENTENA (no caso de non dispoñer de impresora poden respostar nun folio ás actividades e facer as súas propias creacións).

Moitas gracias pola vosa atención e comprensión.

Seguireivos informando.

Moito ánimo a todos e a todas! Xa queda menos!

domingo, 19 de abril de 2020

INFORMACIÓN DE INTERESE

Estimadas familias, nenas e nenos:


O pasado venres pola tarde, a Consellería de Educación fíxonos chegar unhas orientacións provisionais de como abordar o terceiro trimestre.  

Nestes momentos, estamos traballando para poder levalas a cabo á espera das definitivas. En canto poidamos, continuaremos propoñendo novas actividades para as diferentes áreas, tendo en conta xa as novas directrices.  Estade atentos/as nos vindeiros días!

Mentres tanto, o alumnado pode:

-Seguir traballando coas actividades propostas no blog ata o momento. Lembrar que hai actividades interactivas e propostas  plásticas ou experimentos interesantes.

- Ler un libro que lle guste.

-Aproveitar para facer esta actividade para conmemorar o día do libro que nos propoñen dende a biblioteca Mestre Agrelo.



 -Ou, entre outras, facer esta actividade que propón o profe de educación física, coa que practicaredes coordinación e matemáticas divertíndovos. Pinchade na fotografía para ver o vídeo.


Apertas virtuais!
                                                                                          A titora.