Propóñoche que fagas a túa propia cápsula do tempo: un documento no que recollerás diferentes cousas do teu presente, feitas agora durante o confinamento e que logo deberás gardar nunha caixa. Esa caixa, quedará pechada durante un tempo (uns anos) para logo volver abrila e lembrar como eras neste momento, que sentías,...
Por suposto, podes engadir cousas do "diario dunha cuarentena" e escoller dentro do documento o que máis che interese facer: MI CÁPSULA DEL TIEMPO (en castelán) ou A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO (en galego, elaborada pola nosa orientadora Elena), ademáis, no caso de non ter impresora, podes botarlle imaxinación e deseñar ti ao teu gusto as follas que irán dentro da túa cápsula do tempo.
Anímaste a facela?