O pasado venres pola tarde, a Consellería de Educación fíxonos chegar unhas orientacións provisionais de como abordar o terceiro trimestre.
Nestes momentos, estamos traballando para poder levalas a cabo á espera das definitivas. En canto poidamos, continuaremos propoñendo novas actividades para as diferentes áreas, tendo en conta xa as novas directrices. Estade atentos/as nos vindeiros días!
Mentres tanto, o alumnado pode:
-Seguir traballando coas actividades propostas no blog ata o momento. Lembrar que hai actividades interactivas e propostas plásticas ou experimentos interesantes.
- Ler un libro que lle guste.
-Aproveitar para facer esta actividade para conmemorar o día do libro que nos propoñen dende a biblioteca Mestre Agrelo.
-Ou, entre outras, facer esta actividade que propón o profe de educación física, coa que practicaredes coordinación e matemáticas divertíndovos. Pinchade na fotografía para ver o vídeo.
Apertas virtuais!
A titora.