Estimados nenos/as e familias,
Continuamos á espera de instruccións definitivas da Consellería de Educación, que concreten as provisionais recibidas o venres. Agardamos que a finais de semana, xa saibamos algo máis ao respecto para poder adaptarnos á nova realidade deste terceiro trimestre.
Mentres tanto, como explicaba o luns, as nenas/os poden continuar facendo actividades como: rematar tarefas das diferentes asignaturas que quedaron atrás, xogar a algunha actividade interactiva ou responder a algún problema matemático interactivo, crear o xogo que propoñen dende a área educación física ou elaborar ou xogar a algún dos que se propuxeron as semanas anteriores, facer a fotografía para conmemorar o día do libro e enviala ao correo da biblioteca,...
Tamén, vos suxiro outra tarefa interesante chamada "Diario de una Cuarentena" (poden facer todas as actividades presentes no documento ou só as que máis lles gusten), na que practicarán plástica e lingua castelá (expresión escrita) de xeito diferente.
Deixo aquí o enlace ao documento: DIARIO DE UNA CUARENTENA (no caso de non dispoñer de impresora poden respostar nun folio ás actividades e facer as súas propias creacións).
Moitas gracias pola vosa atención e comprensión.
Seguireivos informando.
Moito ánimo a todos e a todas! Xa queda menos!