Continuamos traballando e coñecendo un pouco mellor o reino das plantas.
Esta semana do 13 de abril podes:
1- Ler as páxinas 68 e 69 do teu libro de texto.
2- Ver os vídeos explicativos sobre AS PLANTAS e a FOTOSÍNTESE (forma de alimentarse das plantas).
3- Intentar responder ás preguntas 1,2,3 e 4 da páxina 69 do teu libro de texto.
4- Si che apetece e tes tempo podes facer tamén o seguinte experimento co que comprobarás que a auga da planta vai da raiz ata as follas e a flor:
1- Colle un caravel branco ou outra flor de cor branco que teña talo.
2- Bota colorante alimentario dunha cor chamativa nun vaso de auga.
3- Deixa a túa flor dentro do vaso co colorante.
4- Agarda varios días ( 3 días aproximandamente) e observa que ocorre.
5- Podes enviar unha foto do experimento ao correo sricardotobio@gmail.com