Esta semana comezaremos repasando o tema 1 de Ciencias da Natureza "As persoas e a saúde".
Centrándonos máis concretamente no noso corpo.
TRABALLO PRINCIPAL:
1) Ler as páxinas 10 e 11 do caderno: O corpo humano.
2) Ver o vídeo corpo humano
3) Facer a seguinte actividade:
Imprimir, colorear, recortar e montar imaxe da nena, pegándoa no caderno de Ciencias da Natureza e escribir as súas partes segundo se indica na páxina 10 do libro.
Enlace de descarga da imaxe: Imprimir corpo humano
Enlace de descarga da imaxe: Imprimir corpo humano
*No caso de non ter impresora, podedes, debuxala directamente no caderno e logo escribir as partes.
TRABALLO COMPLEMENTARIO:
Contestar ás preguntas no caderno, copiando a pregunta e respondendo debaixo:
- Para qué serve a pel?- Como é o noso corpo por dentro? explícao coas túas palabras ou fai un debuxo de como é o corpo por dentro, indicando algunhas das súas partes.
Data límite de entrega dos traballos: 10/05/20