TRABALLO PRINCIPAL:
1) Lembra:
Os adxectivos son palabras que nos din como son ou como están as persoas, animais ou cousas.
2) Agora fai as actividades das páxina 70 e 71 do seguinte CADERNIÑO para practicar a identificar os adxectivos.
TRABALLO COMPLEMENTARIO:
1) Escoita a canción: OU ISO OU AQUILO
2) E ti que queres ser de maior? Escribe a resposta no teu caderno de lingua galega explicando un pouco por que escolles esta profesión, en que consiste e que ferramentas/utensilios... podes empregar.
TRABALLO DE AMPLIACIÓN:(non hai que envialo por correo)
Actividade interactiva "o adxectivo"
Data límite de entrega: 31/05/20