martes, 2 de junio de 2020

AVISO IMPORTANTE:

Estimadas familias de 3º,

Como xa se informou a través de AbalarMobil, o vindeiro xoves día 4 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00, farase entrega do material que os nenos/as teñen na aula.  É necesario vir recollelo.


Por favor, respectade: as medidas hixiénicas, o uso da máscara, as distancias e tamén as quendas  (orde 1º apelido. De 10:00 a 12:00 horas poderán acceder ao centro dende o apelido "Beiro" ata "González", inclusive. De 12:00 a 14:00 horas poderán acceder dende o apelido "Lago" ata "Teijo").


INFORMAR TAMÉN:
  • Si algunha familia ten na súa casa a algún material da biblioteca  (mochila viaxeira, libros,...) deberá traelo o xoves.
  • Aconséllase traer unha mochila, caixa, bolsa,... para poder transportar o material xa que se entregarán tamén, todos os libros de texto que están na aula.
  • Haberá material que quedará na aula para o vindeiro curso como poden ser o blog de debuxo ou os pinceis. 
  • Non esquezades pasar polo corredor onde están expostas, as maquetas dos vosos fillos/as para levalas.
  • Dicirvos que, para o ano que vén, continuaremos traballando nos mesmos cadernos das diferentes asignaturas coa finalidade de aproveitalos, polo que, aínda que pasarán o verán nas casas do alumnado, se deben manter en bo estado para volver a utilizalos cando se retomen as clases.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Un saúdo.  
                                                                                                                                                                                              A titora