Nenas e nenos,
Xa está a rematar o curso escolar. Sei que xa empezades a estar cansos de tanto traballo e esforzo. Por este motivo o traballo que se propón é diferente ao das semana anteriores e non será avaliable.
Xa está a rematar o curso escolar. Sei que xa empezades a estar cansos de tanto traballo e esforzo. Por este motivo o traballo que se propón é diferente ao das semana anteriores e non será avaliable.
MATEMÁTICAS
Imos repasar mates de xeito lúdico con estes xogos matemáticos. Eres quen de resolvelos todos? RETOS MATEMÁTICOS
Empregaremos a lingua para expresarnos e despedirnos do curso escolar. Propóñoche que respostes a 2 cuestións:
- A primeira, pensa un momento do curso que foi especial para ti (unha actividade que che gustou, un momento que viviches, unhas palabras que che dixeron,...) e escribe ese momento especial para lembrar.
- A segunda, que che gustaría dicirlle a os teus compañeiros/as de clase a modo de despedida do curso escolar? Reflexiónao moi ben e logo escríbeo.
Descarga aquí a plantilla da actividade: DESPEDÍMONOS
*As despedidas recibidas subireinas ao blog para que o resto dos compañeiros/as as poidan ver.
*As despedidas recibidas subireinas ao blog para que o resto dos compañeiros/as as poidan ver.
CIENCIAS DA NATUREZA E SOCIAIS
Xa que comeza o bo tempo e chega o verán, imos ver uns CONSELLOS para coidar a nosa pel cando a expoñemos ao sol.
Vamos a practicar o apredido XOGANDO: "Protexerse do sol é divertido!"
Que podes enviar, si queredes, ao correo da aula para que o vexa?
1) Mates: foto dalgún dos retos resoltos.
2) Linguas: foto das dúas cuestións plantexadas.
3) Ciencias: foto dalgunha das actividades resoltas do caderniño: "Protexerse do Sol é divertido".
Data límite de entrega voluntaria: 19/06/20.