domingo, 17 de mayo de 2020

TRABALLO DE C. DA NATUREZA- SEMANA 18/05/20

Esta semana imos a lembrar o tema da alimentación.

Para isto, preséntovos as seguintes propostas de traballo:

TRABALLO PRINCIPAL:

1) Volve a ler as páxinas 26,27 e 28 do teu libro de texto que falan sobre a dieta e a alimentación saudable.
2) Despois mira o seguinte vídeo: A dieta saudable


3) Agora que xa tes fresco o tema, fai as fichas 16 e 17 do seguinte CADERNIÑO


*Importante: este caderno usarase ao longo do confinamiento, polo que ,unicamente, deben facer as fichas que se mandan. É dicir, no se debe empregar na casa como material de ampliación do traballo proposto. Grazas.

TRABALLO COMPLEMENTARIO:

Escribe no teu caderno un menú saudable para unha comida principal (xantar ou cea)



TRABALLO DE AMPLIACIÓN (non hai que envialo por correo):


-Nesta activiade interactiva: PREPARANDO MENÚS practicarás a elaborar menús saudables.

- Propóñoche un xogo: "O prato saudable"

Que precisamos?

  • Mínimo 2 xogadores.
  • As cartas de xogo e os pratos (podes imprimir o material AQUÍ) ou podes elaborar ti o teu propio (debuxando ou simplemente escribindo o nome do alimento).


En que consiste?
Unha persoa colle unha carta do montón. 
Si se trata dun alimento saudable, debes distinguir si é un cereal, un vexetal, unha froita ou proteína. Entón colócala no plato e lugar correspondente. 
Si se trata dun alimento non saudable, déixase a un lado ao igual  que as cartas de alimentos, que aínda que son saudables, xa non precisamos porque os nosos pratos ya teñen todos os alimentos que pertencen a ese grupo. 
Por exemplo; si xa temos froita nos 4 pratos e collemos unha carta de froita, debémola apartar. Segue o xogador da dereita. Colle unha carta e fai o mesmo. Así sucesivamente, ata que un xogador consegue completar os 4 pratos saudables. Por suposto, os 4 pratos deben ir acompañados de auga.

Data límite de entrega: 24/05/20