Lémbrase que, como se comunicou a cada familia de xeito individual, mañá martes 16 de xuño, de 10:00 a 14:00 levarase a cabo a devolución dos libros de texto que os nenos/as tiñan en préstamo.
Os libros deberán vir dentro dunha caixa aberta para poder comprobalos.
Por favor, respectade as normas de uso de máscara e as quendas establecidas.
Un saúdo.
A titora.