viernes, 19 de junio de 2020

Queridos nenos/as:

Hoxe foi un dos días aos que cheguei ao cole e me volvín sentir un pouco triste porque estaba todo en silencio, faltaba o balbordo matutino e todo o que conleva unha rutina diaria na nosa aula.

E precisamente foi alí, na aula, onde recordei algúns dos momentos que pasamos xuntos/as: o primeiro día de clase, os traballos en grupo, as asembleas, a resolucións de conflitos, as risas,... Momentos que de seguro, xa forman parte dos nosos recordos.




Agora ben, non todo é tristura nestes momentos, xa que, despois do gran esforzo que fixestes e do moito que traballastes, chegan as vacacións do verán que tanto agardades!

Son unhas ben merecidas vacacións, que que espero que disfrutedes: descansade, xogade, ide á praia, a comer ao campo,... a onde vos apeteza! 

Vide coas pilas ben cargadas en Setembro onde vos estarei agardando cun gran sorriso. Nese momento no que  confío, voltaremos a estar todos xuntos e onde as aulas volverán a estar vivas de novo.



Unha aperta enorme para vós e as vosas familias!

BO VERÁN!