Pica na seguinte imaxe para ver un vídeo de como lavar as mans correctamente:
sábado, 25 de abril de 2020
INFORMACIÓN SAÍDAS NENOS/AS
Pica na seguinte imaxe para ver un vídeo de como lavar as mans correctamente:
viernes, 24 de abril de 2020
CREA A TÚA PROPIA CÁPSULA DO TEMPO...

Propóñoche que fagas a túa propia cápsula do tempo: un documento no que recollerás diferentes cousas do teu presente, feitas agora durante o confinamento e que logo deberás gardar nunha caixa. Esa caixa, quedará pechada durante un tempo (uns anos) para logo volver abrila e lembrar como eras neste momento, que sentías,...
Por suposto, podes engadir cousas do "diario dunha cuarentena" e escoller dentro do documento o que máis che interese facer: MI CÁPSULA DEL TIEMPO (en castelán) ou A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO (en galego, elaborada pola nosa orientadora Elena), ademáis, no caso de non ter impresora, podes botarlle imaxinación e deseñar ti ao teu gusto as follas que irán dentro da túa cápsula do tempo.
Anímaste a facela?
jueves, 23 de abril de 2020
FELIZ DÍA DO LIBRO

Prezados nenos e nenas,
Hoxe celébrase o día do libro, unha data que nos recorda a importancia da lectura para o noso cerebro.
Na web da biblioteca do colexio, tedes unha montaxe coas fotografías que fostes mandando lendo un libro. Non deixedes de pasar pola súa páxina!: Biblioteca Mestre Agrelo
Tamén, por si vos animades, vos deixo aquí dous enlaces a uns tutoriais para elaborar os vosos propios marcapáxinas. Seguro que vos gustará facelos e vos quedarán xenial!
E lembrade que: un neno/a que le será un adulto/a que pensa!
martes, 21 de abril de 2020
INFORMACIÓN DE INTERESE
Estimados nenos/as e familias,
Continuamos á espera de instruccións definitivas da Consellería de Educación, que concreten as provisionais recibidas o venres. Agardamos que a finais de semana, xa saibamos algo máis ao respecto para poder adaptarnos á nova realidade deste terceiro trimestre.
Mentres tanto, como explicaba o luns, as nenas/os poden continuar facendo actividades como: rematar tarefas das diferentes asignaturas que quedaron atrás, xogar a algunha actividade interactiva ou responder a algún problema matemático interactivo, crear o xogo que propoñen dende a área educación física ou elaborar ou xogar a algún dos que se propuxeron as semanas anteriores, facer a fotografía para conmemorar o día do libro e enviala ao correo da biblioteca,...
Tamén, vos suxiro outra tarefa interesante chamada "Diario de una Cuarentena" (poden facer todas as actividades presentes no documento ou só as que máis lles gusten), na que practicarán plástica e lingua castelá (expresión escrita) de xeito diferente.
Deixo aquí o enlace ao documento: DIARIO DE UNA CUARENTENA (no caso de non dispoñer de impresora poden respostar nun folio ás actividades e facer as súas propias creacións).
Moitas gracias pola vosa atención e comprensión.
Seguireivos informando.
Moito ánimo a todos e a todas! Xa queda menos!
domingo, 19 de abril de 2020
INFORMACIÓN DE INTERESE
Estimadas familias, nenas e nenos:
-Ou, entre outras, facer esta actividade que propón o profe de educación física, coa que practicaredes coordinación e matemáticas divertíndovos. Pinchade na fotografía para ver o vídeo.
O pasado venres pola tarde, a Consellería de Educación fíxonos chegar unhas orientacións provisionais de como abordar o terceiro trimestre.
Nestes momentos, estamos traballando para poder levalas a cabo á espera das definitivas. En canto poidamos, continuaremos propoñendo novas actividades para as diferentes áreas, tendo en conta xa as novas directrices. Estade atentos/as nos vindeiros días!
Mentres tanto, o alumnado pode:
-Seguir traballando coas actividades propostas no blog ata o momento. Lembrar que hai actividades interactivas e propostas plásticas ou experimentos interesantes.
- Ler un libro que lle guste.
-Aproveitar para facer esta actividade para conmemorar o día do libro que nos propoñen dende a biblioteca Mestre Agrelo.
-Ou, entre outras, facer esta actividade que propón o profe de educación física, coa que practicaredes coordinación e matemáticas divertíndovos. Pinchade na fotografía para ver o vídeo.
Apertas virtuais!
A titora.
jueves, 16 de abril de 2020
PROPOSTAS DE TRABALLO DE OUTRAS ÁREAS
Ola nenos/as!
Por exemplo, de educación física: BLOG EDUCACIÓN FÍSICA tedes un xogo interactivo para facer actividade física na casa.
Lembrarvos que tedes nas páxinas dos profes especialistas diferentes recursos/propostas de traballo.
Os enlaces de todas as páxinas están dispoñibles á dereita
Tamén, no blog da biblioteca: BIBLIOTECA MESTRE AGRELO tedes recursos que poden ser do voso interese.
Apertas virtuais!
Apertas virtuais!
lunes, 13 de abril de 2020
COMEZAMOS DE NOVO...
Ola todas e todos!
Despois destas ben merecidas vacacións, estamos de volta coas pilas cargadas para continuar traballando!
Aquí vos deixo as propostas desta semana.
Aproveito tamén para dicirvos que me encantaría saber como estades levando estas semanas de confinamento e,tamén, recibir fotos dalgún dos vosos traballos!
Correo: sricardotobio@gmail.com
Apertas virtuais!
PROPOSTA SEMANAL DE CIENCIAS DA NATUREZA
Continuamos traballando e coñecendo un pouco mellor o reino das plantas.
Esta semana do 13 de abril podes:
1- Ler as páxinas 68 e 69 do teu libro de texto.
2- Ver os vídeos explicativos sobre AS PLANTAS e a FOTOSÍNTESE (forma de alimentarse das plantas).
3- Intentar responder ás preguntas 1,2,3 e 4 da páxina 69 do teu libro de texto.
4- Si che apetece e tes tempo podes facer tamén o seguinte experimento co que comprobarás que a auga da planta vai da raiz ata as follas e a flor:
1- Colle un caravel branco ou outra flor de cor branco que teña talo.
2- Bota colorante alimentario dunha cor chamativa nun vaso de auga.
3- Deixa a túa flor dentro do vaso co colorante.
4- Agarda varios días ( 3 días aproximandamente) e observa que ocorre.
5- Podes enviar unha foto do experimento ao correo sricardotobio@gmail.com
PROPUESTA SEMANAL PARA LENGUA CASTELLANA
Esta semana en el área de lengua castellana haremos un breve repaso de lo trabajado en el 2º trimestre:
- Comenzamos por hacer las actividades del libro de la página 83 ejercicios: 1,2,3,4 y 5.
- Continuamos con una actividad divertida de agilidad lectora. ¿Adivinas que pone en estas notas? página 84 ejercicio 3.
- ¿Jugamos? te propongo que juegues con alguien al juego de "TABÚ" en el que practicarás vocabulario y expresión oral (mínimo 4 jugadores).
- Instrucciones:
- Coge una carta e intenta que tu compañero/a de equipo adivine la palabra que está escrita en mayúscula arriba de todo, sin decir ninguna de las palabras que hay debajo antes de que se acabe 1 minuto de tiempo (que deberá cronometrar el equipo contrario).
Por ejemplo, en la tarjeta que pone CAMA, no se podrían decir las palabras habitación, casa y dormir.
Una definición correcta puede ser la siguiente: "Lugar donde te vas después de vestirte el pijama"
PROPOSTA DE TRABALLO PARA LINGUA GALEGA
A proposta de traballo para a semana do 13 de abril é a seguinte:


- Inventa un conto e escríbeo no teu caderno:
- Mira a imaxe da esquerda e escolle 1 debuxo de cada grupo de dados. De forma que ao rematar terás escollidos 3 debuxos en total. Por exemplo: lúa, pirámide, reloxo.
- Agora, inventa un conto no que saian os 3 debuxos que escollestes.
- Actividades do libro: páxina 127 exercicio 1 e faille a enquisa do exercicio 2 a unha persoa da túa familia, anotando as preguntas e respostas no teu caderno.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)